Entra

Comparte

e despega!

A Lonxa xuvenil é un programa da Concellería de Mocidade do Concello de Ferrol, unha oportunidade para que a xuventude poida desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.

Na primeira edición Participaron os institutos públicos de Ferrol, pero agora podes utilizar esta plataforma para deseñar as túas propias iniciativas xuvenís.

 Coñece como foi a última edición da Lonxa premendo aquí.

Cada idea é única, pero non sempre conta co apoio adecuado. Na Lonxa Xuvenil de Ferrol sabémolo, polo que creamos un ecosistema aberto, cunhas ferramentas de traballo á túa disposición, para axudar a conectar o talento e a realidade. Non importa o estado de desenvolvemento no que se atope a túa idea ou os recursos que teñas.
Entra, comparte e despega.

Aterrizaje lonxa

Aterrizaxe

Cremos na túa idea e por iso queremos axudarche a evolucionala.
Propoñémosche formación e metodoloxías con casos prácticos que poderás aplicar ao teu proxecto.

Creación

A hora de levar a cabo un proxecto é importante unha boa planificación e traballo previo. Por iso, é importante entender cómo xorden ás ideas, qué facer con elas, cómo traballar en equipo, facer un uso adecuado das ferramentas e por en valor a túa propia capacidade.

Despegue

Como calquer idea ou proxecto deberá materializarse, por iso, a finalidade da lonxa non é só que coñezas a metodoloxía á hora de crear unha iniciativa, senón tamén que vexan a viabilidade de levala a cabo xunto a Concellería de Mocidade.