É unha técnica que permite identificar as causas e efectos dun erro

Que é unha Árbore de problemas?

A Árbore de problemas é unha técnica que permite identificar todas as causas e efectos dun fallo ou dano. Como? Achegándoche unha visión xeral que che axudará a comprender o contexto ao redor do teu proxecto. E que con este método poderás mirar máis aló da árbore e ver o bosque, que está en constante cambio, e poderás planificar unha solución que permita maximizar as garantías de éxito.

En resumo, unha análise de Árbore de problemas:

  • Axúdache na planificación do teu proxecto.
  • Proporciónache unha guía para solucionar un problema mediante a identificación das múltiples causas.
  • Permíteche identificar liñas de acción e outros factores que podes necesitar para abordar problemas futuros ou complementarios.
  • Axúdache a esquematizar o proxecto, desmembrándoo en diferentes actividades para levalo a cabo.

Sabías que...

Para realizar correctamente esta ferramenta, define ben o problema, evita que sexa impreciso ou excesivamente amplo, pois atoparás demasiadas causas posibles como para dar con solucións adecuadas.

1. Identificar as causas e efectos.

Unha vez que identifiquedes e definades o problema principal, os participantes deberán definir cales son as súas causas e efectos. Cada causa definida deberá ser escrita de maneira negativa, por exemplo: ?Non hai recursos suficientes?.

Para iso, propoñémosche as seguintes fórmulas:

Realizade un Brainstorming sobre todas as causas negativas do problema e facede unha lista ordenándoas por importancia. Un pequeno consello: neste paso pode servos moi útil utilizar post-its como xa vimos na ferramenta de identificar unha necesidade

Paralelamente, os participantes poderán traballar a causa e efecto dunha maneira secuencial, empezando desde o problema. E como se fai isto? Fácil. Dispoñede as causas inmediatas ao problema debaixo do problema central. O efecto inmediato a esa causa colócase encima. Calquera efecto colateral irase colocando por encima do primeiro efecto. Bota unha ollada a este exemplo de Árbore de problemas:

Repetide o proceso en liñas horizontais adicionais para poder identificar as causas subxacentes ao problema identificado. As liñas horizontais poden utilizarse para unir causas ou efectos relacionados.

É importante que revisedes a secuencia de causas e efectos para asegurarvos de que son claras e teñen un sentido lóxico, e que todos os participantes validen os post-its!

Como podes ver a continuación, o resultado final é unha Árbore de problemas que describe a relación da causa e o efecto entre os diferentes niveis.

2. Desenvolver unha Árbore de solución.

Ben, xa temos o problema e as causas, o seguinte paso? Buscar solucións. A forma de realizalo é transformando as causas negativas en positivas.

Por exemplo, se unha causa é a falta de coñecemento, a transformación en algo positivo será aumentar o coñecemento. Así, é moi importante que todas as causas estean claras para determinar a solución. Se non é así, seguramente haberá que revisar a árbore enteira.

3. Seleccionar e priorizar un plan de acción.

O último paso é definir a estratexia do grupo para acabar co problema. Para iso, debes seleccionar as accións, priorizalas e concretar un plan de acción.

Para priorizar as accións do plan, identifica se algunha das ramas ten unha influencia maior que outras na solución.

Unha vez seleccionada a raíz do problema, as ramas de abaixo son as actividades que se terán que relacionar e, por encima das ramas, estarán os resultados a longo prazo.

Bibliografía

Problem Tree / Solution Tree Analysis

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment