progreso lonxa

Rexuvenécete 2.0

Presentamos REXUVENÉCETE 2.0, un novo espazo para a mocidade de Ferrol.

Imos redeseñar a antiga casa da xuventude e imos crear unha axenda coherente coas necesidades da mocidade e a sua relación co entorno multimedia.

Equipar este espazo con medios que permitan a realización de vídeos ou proxección de películas, escoitar música, xogar ou sociabilizar.

VÉMONOS NO REXU!

mapa casa da xuventude

Temos un plan

Queremos redeseñar a casa da xuventude, deseñar un espazo cómodo para a mocidade Ferrolá.

Para lograr este obxetivo pensamos en realizar unha axenda cultural.
Mes a mes, a casa da xuventude terá unha oferta de actividades diferente, dinámica e fresca.
Damos moita importancia á formación, imprescindible no noso futuro.

Na axenda de actividades de Rexuvenécete tamén hai lugar para o ocio, con campionatos de consola, futbolín, ordenador e xogos de taboleiro.

 

E por suposto, unha das nosas maiores apostas, o banco de tempo.
O banco de tempo ten un funionamento moi sinxelo:
A “hora” é a nosa moeda de cambio, calquer xoven pode ingresar horas no noso banco de tempo. Horas de algo no que sexa experto, ou simplemente gústelle. Do mesmo xeito, calquera que ingresara horas no banco pode sacalas.

Por exemplo: María é unha xoven de Ferrol que ecántalle internet e as novas tecnoloxías. Ela cree que dispón de 4 horas ao mes para quen quera aprender sobre “cómo crear un blog de éxito”. María quere aprender a tocar a guitarra, polo que vai a utilizar 2 das 4 horas que ingresou no anuncio de Carlos: “Aprende guitarra en dúas horas”

A finalidade do banco de tempo é a de compartir coñecementos entre a xente, pero non por cartos, senon por máis coñecementos.

Esta é a nosa distribución da casa da xuventude: