Aterraxe aquí!

Qué é unha iniciativa xuvenil?

É unha actividade ou acción que vós, os mozos e mozas, podedes desenvolver e transformar en proxectos de interese que poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.

Estas actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre  a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través dos proxectos integrais e específicos que propoñades.

Cómo podo levar adiante o meu proxecto?

A mellor forma de facer crecer as ideas é traballar en equipo. Se sodes un grupo de polo menos tres mozas ou mozos podedes crear unha asociación xuvenil antes de empezar a consultar as ferramentas dispoñibles.

> Cómo crear unha asociación xuvenil

Comeza a crear!

É momento de usar papel e lapis. Para que os proxectos saian adiante é importante entender como xorden as ideas, que facer con elas, como traballar en equipo e facer un uso adecuado das ferramentas e recursos que temos á nosa disposición.

CONTIDO

DESENROLO

 

DESPEGUE